O Concello do Rosal colabora co Sergas para a realización dun cribado masivo voluntario da COVID-19. As probas realizaranse en Vigo, nun centro aínda por determinar.
O Sergas comezará a contactar coas persoas voluntarias inscritas para dar cita a principios da vindeira semana.
As probas van dirixidas a persoas maiores de 18 anos empadroadas no Rosal e que fan vida no municipio.